Sergio Remacha Vecino

San Sebastián, 1973

Licenciado en Arquitectura pola Escola Técnica Superior de Arquitectura de San Sebastian en 2001.

Dende 2001 ata 2005 forma parte do estudio Ismael Martinez-Villa en Vitoria como axudante de arquitecto.

Dende 2005 ata 2011 forma parte do estudio Minim en Barcelona como arquitecto e xefe de obra.

Juan José Esturao Pena

Touro, 1991

Licenciado en Arquitectura pola Escola Técnica Superior de Arquitectura de Coruña en 2017.

Tras ter colaborado co estudio Sánchez e Díaz, en A Coruña, forma parte do equipo de sommos dende 2016.

Clara Torrens Chamosa

Vigo, 1992

Licenciada en Arquitectura pola Escola Técnica Superior de Arquitectura de Coruña en 2018.

Tras ter colaborado co estudio XL Arquitectos, en Vigo, forma parte do equipo de sommos dende 2021.

Servizos

  • Proxectos de arquitectura, arquitectura de interiores, decoración e deseño
  • Vivendas unifamiliares, de obra nova e/ou rehabilitación
  • Reformas integrais de pisos e locais comerciais
  • Dirección de obra, coordinación de licenzas, aparejadores e contratistas

Sempre á procura de solucións funcionais, sommos aposta nos seus proxectos por unha combinación de sinceridade construtiva, sistemas de confort enerxéticamente eficientes e materiais naturais tamén sostibles.

A estes parámetros fundamentais hai que engadir que sommos axústase ás necesidades reais que cada promotor aspira a obter, analizando previamente en profundidade todas as posibles variantes que ofrece un proxecto.

sommos presta especial atención a realizar unha xestión dinámica da obra, aportando solucións para mellorar continuamente o proxecto, e ao mesmo tempo controlando minuciosamente a execución dos traballos dos innumerables axentes que participan nunha obra.