A nova tenda de Bombarda

No centro da cidade

A zapatería Bombarda, na praza de Santo Agostiño, amplía obxetivos, esta vez con venta de roupa e comprementos, instalándose nun novo local nunha das rúas máis comerciais do ensanche de Compostela.

O local tiña un estilo moi marcado con molduras, balaustradas e moitos espellos, así que nos aliamos a todo iso. Ampliouse o espazo de exposición eliminando a trastenda e recubreuse a escaleira con taboeiros de madeira-cemento de cor negra para conformar os probadores. Eliminouse o falso teito da entreplanta descubrindo unha interesante estructura que se potenciou con unha xeométrica iluminación indirecta. Un circuito con tubos de cobre con portalámparas sinxelos e lámpadas xeradoras de liñas de luz encárganse da iluminación da entrada. 


Proxecto sommos

Dirección de obra sommos

Ubicación República de El Salvador 13, Santiago de Compostela

Data 2016

Fotografía Estudio GF