O noso Estudio e Vivenda

Nun auténtico Barrio de Compostela, Sar

Rúa de Sar, número 63. Este é o enderezo do noso estudio de arquitectura e deseño. Trátase de un edificio catalogado de interés ambiental no casco histórico da cidade.


Este pequeno edificio a carón do río Sar, contén unificadamente os usos de vivenda e espazo de traballo. Ademáis do corpo principal, a parte posterior da finca conta con unha edificación anexa e un acceso rodado particular. É ahí precisamente onde se xenera un microcosmos particular mediante unhas visuais controladas a un pequeno xardín, aliadas á orientación vespertina, que xeneran o concepto de fogar.


No interior, a estructura permite crear en planta baixa un espazo diáfano extraordinariamente versátil para o desenvolvemento da actividade profesional.

En planta primeira, a única línea recta do distribuidor organiza todos os elementos vivideiros.

No faiado, de novo, outro espazo multifuncional, pero esta vez relacionado coa vivenda.

A marcada horizontalidade da edificación, aproveitando a escaleira e o oco que a acompaña, enfatízase a versatilidade mediante a textura unificada dos corpos de servizsos nas tres plantas. Con esto enlazámolas creando un único conxunto.

Proxecto sommos

Dirección de obra sommos

Ubicación Sar 63. Santiago de Compostela

Data 2012-2013

Fotografía Paco Rocha