Reforma do restaurante Fraiche

Na avenida de Barcelona de Santiago de Compostela

O Restaurante Fraiche, especializado en crepes de autor, situado na avenida de Barcelona, precisaba un cambio de dirección estética, e de paso unha reorganización para encaixar un maior número de usuarios, pero de forma máis cómoda e ordenada. 

A nova organización consiste na realización dunha barra alta para comensais acomodados en taburetes que se convirte na barra propiamente dita, difuminando as barreiras entre camareiro e cliente. Ó fondo do local xérase outro espazo con mesas e sillas colocadas perpendicularmente á barra. 
As texturas dos novos materiais coma o chan de Microcemento, barras de polvo bronce, paredes de virutas de ferro oxidado, teitos de corcho, etc. e as imaxes alternantes proxectadas sobre un baixo-relevo, encárganse da nova linguaxe estética do local. 

Proxecto sommos

Dirección de obra sommos

Ubicación Rúa Sempre en Galiza 8. Santiago de Compostela

Data 2016

Fotografía GF Estudio