Rehabilitación de casa antiga

Na comarca do Deza a carón do Río Ulla

Unha casa rural de máis de 100 anos rodeada dunha fermosa finca e con xenerosas vistas ao val do río Ulla en Pontevedra ten que ser íntegramente rehabilitada. Un proxecto con curiosas cláusulas programáticas.


O programa a desenvolver obligará á realización dunha completísima intervención xa q ue, actualmente, o edificio presenta infindade de carencias de toda índole. As prioridades do proxecto serán a recuperación dos elementos constructivos orixinais, e a creación de espazos interiores nos que os percorridos e visuais que se produzan estean intercoenctados horizontal e verticalmente. Con isto pretendese facilitar a relación entre os membros da familia que habitarán a vivenda.


A solución ven dada pola implantación dun único elemento central ó redor do cal se esparexen as distintas áreas vitais da vivenda. O acceso, o salón, o comedor, a cociña... todo xira en torno a este singular elemento no cal se apoia o distribuidor da planta primeira a xeito de pasarela, creando espazos en doble altura para garantizar esa solicitada relación entre os espazos e as persoas.

Proxecto sommos

Dirección de obra sommos

Ubicación Salgueiros. Vila de Cruces

Data 2013-2014

Fotografía Sergio Remacha